A Banda

ERGOM son:

Santi Rodríguez Gaita solista, whistle, flauta e percusións.
David Nóvoa Guitarras eléctrica e acústica, flauta e whistle.
David Blanco Piano e teclados.
Lorena Negreira Batería e percusións.
Alberto Godoy Baixo eléctrico.

Ergom nace en Ourense no ano 2002, para ocupar un sitio no panorama musical galego actual. Música de fusión, de tendencia folkrock-funk, que recolle a esencia da música tradicional como inspiradora do seu traballo compositivo.

Ergom graba unha primeira demo autoeditada, Anoitecer, durante os meses de Novembro-Decembro do  2003 nos Estudios Muu! en Vigo, coa producción de Pedro Feijoo e Charly Lincoln. Nesta grabación quedaron reflexados os fundamentos do seu son máis clásico así como os novos camiños polos que discurre a súa evolución e fusión cos demáis estilos musicais.

Horas de traballo, días de ensaio e xornadas de intensos concertos foron a rutina de Ergom durante varios anos, nos que a súa producción musical non estivo parada en ningún momento. O seu estilo musical chegou a soar en festivais de renome como o Mundo Celta de Ortigueira, entre outros moitos.

Durante varios meses de 2009 traballan no estudio de grabación Mafia Records de Carballiño, baixo a batuta de dirección de Oscar Fernández “Chichi”, e acaba condensando, no seu primeiro LP, baixo o nome de Fronkiria, nos primeiros días do 2010.

Fronkiria deriva da mestura musical do estilo Fronky (Folk-Rock-Funky) e da delirante fantasía que envolve ás/aos integrantes do grupo. Realidade e ficción combinada nun material musical que contaxia e hipnotiza, na que non existe a indiferencia, e que orbita arredor de melodias transparentes, intensas baladas, flirteos co funk, clásicos tempos de rock e rítmicos reels, sen descuidar a raíz tradicional dalgún dos seus instrumentos mais sen deixar de lado a evolución e fusión que caracteriza a súa forma de ve-la música.

Acompañando ao potente traballo musical, Fronkiria existe no mundo virtual gracias a estrafalarias personaxes e que aparecen no disco procedentes de galaxias tecnolóxicamente enxebres: naves espaciais a pedais, planetas construidos con andamios, teclados sobre nenúfares, baquetas eletrotérmicas ou poderosas gaitas láser son exemplo do universo dual que representa Fronkiria: Realidade-Fantasía, Tecnoloxía-Artesanía rudimentaria...

Na actualidade, Ergom prepara a xira de presentación de Fronkiria con un potente directo que pon de manifesto a súa aposta musical: festa polifónica entre a calma e a tempestade sonora.