Fronkiria
Fronkiria deriva da mestura musical do estilo Fronky (Folk-Rock-Funky) e da delirante fantasía que envolve ás/aos integrantes do grupo. Realidade e ficción combinada nun material musical que contaxia e hipnotiza, na que non existe a indiferencia, e que orbita arredor de melodias transparentes, intensas baladas, flirteos co funk, clásicos tempos de rock e rítmicos reels, sen descuidar a raíz tradicional dalgún dos seus instrumentos mais sen deixar de lado a evolución e fusión que caracteriza a súa forma de ve-la música.
Acompañando ao potente traballo musical, Fronkiria existe no mundo virtual gracias a estrafalarias personaxes e que aparecen no disco procedentes de galaxias tecnolóxicamente enxebres: naves espaciais a pedais, planetas construidos con andamios, teclados sobre nenúfares, baquetas eletrotérmicas ou poderosas gaitas láser son exemplo do universo dual que representa Fronkiria: Realidade-Fantasía, Tecnoloxía-Artesanía rudimentaria...
Ourense non deixa de deslumbrar, ano tras ano, con novas propostas culturais. Co nacemento de Fronkiria, a terra da chispa conta con outro brillante exponente da cultura musical, ERGOM.
|
Fronki
|
Warning
|
|
Suzumi
|
Camino
|



