The Estramonio Films monta un novo vídeo de Ergom coa gravación do directo de La Fabrica de Chocolate sobre o tema Suzumi... Gracias, Miguel...!!
Última parada, Ourense... Con este concerto fechamos a xira de presentación e nos dispoñemos a organizar un verán fronkiriano por Galiza e parte do estranxeiro! Agardamos vervos o sábado 15 no concerto que organiza a Concellería de Cultura de Ourense, e posteriormente en canto festival haxa no caluroso verán galego!
A nave con destino a Fronkiria continúa coa súa primeira viaxe. En Abril, temos 3 paradas:
** La Fabrica de Chocolate, Vigo. O día 7 de Abril, ás 21:30 horas (apertura de portas), en directo para o programa Planeta Furancho da Radio Galega, por 3€.
** Clavicémbalo, Lugo. O día 9 de Abril, ás 23:45 horas, por 3€.
** Tarabela, Lalín. O día 17 de Abril, ás 23:00 horas, por 4€/socias e 5€/non-socias.
Aqui tes todos os nosos próximos concertos
A nave con destino a Fronkiria despega. As dúas primeiras paradas, neste mes de marzo, son
** A Gentalha do Pichel, Compostela. O día 19 de Marzo, ás 21:30 horas, por 3€/socias e 4€/non-socias
** La Casa de los Sueños, Verín. O día 26 de Marzo, ás 23:45 horas, por 3€.
Aqui tes todos os nosos próximos concertos
Montado polo compañeiro Miguel de TheEstramonioFilms...
Moitas gracias artista!
Ergom estivo o mércores 27 de Febreiro na Radio Galega, nunha entrevista no programa Planeta Furancho. Grandes momentos...!
Podedes escoitar o programa:
Ergom ten aparecido estes días en varios medios de prensa. Ademáis das entrevistas de Radio, en prensa escrita podedes lernos
- En La Voz de Galicia (Ourense) e La Voz de Galicia (Cultura)
- En Galicia Hoxe
- Nunha entrevista xenial realizada por Montse Dopico para Galicia Hoxe
- No xornal electrónico Vieiros
- El País
Ergom pasou este sábado día 23 de Xaneiro de 2010 polos estudios da Radio Galega, convidadas/os polo programa Lume na Palleira de Emilio Españadero.
Aquí vos deixamos o arquivo para escoitar en directo ou para descargalo.











